Declaración de accesibilidade
A Federación Galega da Construción comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de septiembre, sobre accesibilidad de los sitios web y aplicaciones para dispositivos móviles del sector público.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao https://fegacons.org/
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
-
falta de conformidade co RD 1112/2018
-
Existen logotipos e imaxes con texto alternativo incorrecto ou confuso e imaxes complexas sen descrición textual [requisito número 9.1.1.1 Contido non textual, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen táboas non adaptadas a tamaños de pantalla pequenos e campos de formulario que non se visualizan correctamente en tamaños de pantalla pequenos [requisito número 9.1.4.10 Reaxuste de texto, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen elementos que non son accesibles por teclado, por exemplo ligazóns a redes sociais, o editor de textos para comentarios, elementos para ordenar resultados de procura, a paxinación dos resultados de procura ou as frechas de calendario [requisito número 9.2.1.1 Teclado, de UNE-EN 301549:2022].
-
Hai elementos que non reciben o foco e por tanto non se pode interactuar con eles mediante o teclado, por exemplo [requisito número 9.2.4.3 Orde do foco, de UNE-EN 301549:2022]. Hai ligazóns nos que non se identifica correctamente a súa función (teñen unha descrición inadecuada, un texto demasiado xenérico, un title inadecuado...) [requisito número 9.2.4.4 Propósito das ligazóns, de UNE-EN 301549:2022].
-
Hai encabezados con texto repetido e/o pouco descritivo [requisito número 9.2.4.6 Encabezados e etiquetas, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen imaxes, infografías, textos de ligazóns ou botóns, texto de titulares e contido que non están traducidos a outros idiomas [requisito número 9.3.1.2 Idioma das partes, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen formularios con campos onde falta un exemplo textual do formato do campo [requisito número 9.3.3.2 Etiquetas e instrucións, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen campos de formularios onde se informa do erro cando se introduce un valor incorrecto pero non se informa dunha suxerencia para a súa corrección [requisito número 9.3.3.3 Suxerencias #ante erros, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen páxinas con erros de sintaxes e por tanto é posible que non se poida interpretar correctamente o contido (IDs de páxina duplicados, etiquetas sen pechar, construción incorrecta de etiquetas...) [requisito número 9.4.1.1 Procesamento, de UNE-EN 301549:2022].
-
Existen páxinas nas que os produtos de apoio non van poder obter información, interactuar e estar ao corrente do estado dos controis de interface de usuario, por exemplo, mensaxes de axuda, mensaxes de estado de resultado de accións, atributos de ligazóns, imaxe de idioma de páxina... que non poderán ser lido por lectores de pantalla no momento no que aparecen [requisito número 9.4.1.2 Nome, función, valor de UNE-EN 301549:2022]. Poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web.
-
-
carga desproporcionada
- Non aplica.
-
o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración foi preparada o 14 de xuño de 2023.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.
Última revisión da declaración: 14 de xuño de 2023.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) por exemplo:
- informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
- transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- formular calquera outra consulta ou suxerencia de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
A través do seguinte formulario de contacto ou chamando ao teléfono 981 56 56 68.
Pode presentar:
- unha Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018 ou
- unha Solicitude de Información accesible relativa a:
- contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4
- contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada.
Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Galego
Español 