A Federación Galega da Construción realiza todas aquelas actuacións que derivan da súa condición de interlocutor do sector da construción en Galicia en relación coas diferentes administracións públicas e entidades, públicas e/ou privadas, pertencentes á cadea de valor.
Asimesmo, leva a cabo unha importante labor de información dirixida ás organizacións e empresas, desde o punto de vista sectorial, en todos aqueles ámbitos que poidan ser do seu interese (contratación, laboral, xurisprudencia, ambiente, vivenda, fiscal... ); elabora informes pormenorizados sobre a contratación de obra pública na nosa Comunidade, participa naqueles organismos nos que se atopa regulada a intervención dos axentes sociais, en representación da parte patronal; organiza xornadas técnicas e eventos en función das necesidades do sector en cada momento, así como todas aquelas actuacións que sexan precisas para dar resposta ás inquedanzas da industria construtiva galega.

Galego
Español 