Foto: Fuco Reyes

A Federación Galega da Construción constituiuse no ano 1985 adquirindo personalidade xurídica e plena capacidade de obrar suficientes para o cumprimento dos seus fins, sendo depositados os seus Estatutos de conformidade co disposto na Lei 19/1977 pola que se regula o dereito de Asociacionismo Sindical. Trátase dunha entidade de natureza privada, sen ánimo de lucro, que extende o seu ámbito de actuación á Comunidade Autónoma de Galicia, incorporando ás Asociacións Provinciais de Empresarios da Construción das provincias galegas, así como ás principais empresas contratistas de obra pública agrupadas na Cámara de Contratistas de Galicia.

A Federación ten como fin primario e primordial a defensa da libre iniciativa empresarial, dentro dun sistema de economía libre de mercado, sendo o seu fin específico a defensa, promoción e coordinación dos xerais e comúns das organizacións membro, en relación ca Administración Central, Administración Autonómica e as Administracións Locais, así como en relación con calquera outra instancia de calquer índole, potenciando e facilitando ante ditos órganos da Administración a actuación daquelas organizacións de carácter territorial ou gremial en cantas materias que non sendo común a todas elas, lles afecte con carácter específico, e sempre baixo a tutela e supervisión dos Órganos de Dirección da Federación.

Asimesmo, entre outros, son tamén fins da Federación Galega da Construción:

a) Promover a unidade empresarial no sector da construción, colaborando con outras entidades de análoga natureza e finalidade.

b) Propiciar o desenvolvemento económico do sector da construción na Comunidade Galega.

c) Formular propostas sobre disposicións, medidas e iniciativas de todo tipo que tendan á ordenación e perfeccionamento do sector.

d) A creación e mantemento de servizos de interese ós membros federados.

e) Calqueira outros que a Asamblea Xeral decida exercitar dentro dos termos legais e que non sexan contrarios co establecido nos Estatutos das organizacións federadas.

f) Promover e xestionar programas e iniciativas para o desenvolvemento de actuación que permitan a innovación empresarial en materia de I+D+I, e en Xeral, todas aquelas cuxa finalidade afecte de xeito directo e indirecto ó desenrolo e evolución do sector.

g) O fomento e promoción da prevención de riscos laborais, a calidade e o medioambiente, a responsabilidade social, a igualdade e a internacionalización das empresas.

h) Promover, impulsar e deseñar programas e actividades para a promoción do emprego do sector, a creación de novas empresas e o fomento do espírito emprendedor.

i) Promover e desenvolver actuacións en materia de orientación, formación profesional continua e ocupacional, ca finalidade de mellorar a productividade e competitividade das empresas do sector e dos seus traballadores.

j) A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios, sendo os medios típicos de acción a negociación colectiva laboral, a presentación de conflictos colectivos de traballo, o diálogo social, a participación institucional nos organismos públicos das administracións laborais e outras.

 

Órganos de Goberno e xestión

 

Presidencia

Diego Vázquez Reino

 

Vicepresidencia Primeira

Mª Luisa Martínez Arias

 

Vicepresidencia Segunda

Santiago Ferreiro Pérez

 

Tesourería

Miguel Caruncho Campanario

 

Secretaría Xeral

Verónica Val Vázquez

 

Xunta Directiva

Diego Vázquez Reino

Begoña Losada Besteiro

José No Varela

José Manuel Rodríguez Espiñeira

Valentín Coto Pérez

Santiago Ferreiro Pérez

Román Gómez Crespo

Miguel Caruncho Campanario

Inmaculada Torres Pérez

Arturo Ramírez González

Mª Luisa Martínez Arias

Marcos Vázquez Zas

 

Asemblea Xeral

Diego Vázquez Reino

Alberto López Martín

Víctor González Jove

Pedro Muñoz González

José No Varela

Begoña Losada Besteiro

José Manuel Rodríguez Espiñeira

Valentín Coto Pérez

Eugenio Corral Álvarez

Serafín de la Fuente Pico

Santiago Ferreiro Pérez

Román Gómez Crespo

Francisco Rodríguez López

José Carlos Crespo Pérez

Celso Piñeiro Malvar

Mª Luisa Martínez Arias

Arturo Ramírez González

Miguel Caruncho Campanario

Inmaculada Torres Pérez

Enrique Gallas Otero

Mª Luisa Martínez Arias

Marcos Vázquez Zas

Mª Carmen Rodríguez González

Luis García Vegazo

Gardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Contenido
jpanesliders_jdlayout-sliders-224
Gestión de los sliders
Aceptar
Rexeitar