A Fundación Laboral da Construción traballa desde 1992 para facilitar a empresas e traballadores/as os recursos que fagan posible un sector máis profesional, seguro, capacitado e con futuro. Un sector que hoxe traballa máis unido e conectado entre si que nunca, coa sociedade e co resto de sectores, para afrontar o reto dos novos tempos.

Este é o fin polo que se uniron a Confederación Nacional da Construción (CNC), CCOO do Hábitat e a Federación de Industria, Construción e Agro de UGT (UGT FICA), formando esta entidade paritaria sen ánimo de lucro.

Como resultado de anos de dedicación e esforzo, e grazas ao apoio de moitos profesionais, a Fundación é xa unha entidade de referencia no sector e un aliado clave para traballar por e para o futuro de empresas e profesionais.

Con máis experiencia e coñecemento ao seu alcance, a Fundación Laboral traballa para lograr que a prevención de riscos laborais, a formación, a innovación, a sustentabilidade e as novas tecnoloxías contribúan a seguir construíndo ese sector de progreso polo que o seu equipo humano, a través dos 17 consellos territoriais distribuídos por toda España, aposta e traballa cada día.

As decenas de miles de traballadores/as da construción que cada ano pasan polas aulas da Fundación Laboral son a mellor proba do esforzo realizado, que se demostra cada día a través dos 50 Centros de Formación propios, unha oferta composta por máis de 200 accións formativas, a colaboración de máis de 1.400 profesores en toda España, e a elaboración e actualización constante de máis de 140 manuais propios sobre diferentes materias do sector.

En Galicia, a Fundación Laboral conta con seis centros: Santiago, Arteixo, Lugo, Narón, Vilamarín e Vigo.

Gardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Contenido
jpanesliders_jdlayout-sliders-224
Gestión de los sliders
Aceptar
Rexeitar