11 de xaneiro de 2023.- O Presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Dona Ethel Vázquez Mourelle, e do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, D. Román Rodríguez González, visitaron ós representantes do sector da construción en Galicia na sede da Fundación Laboral da Construción en Santiago de Compostela.

O presidente da Xunta, D.Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio do Goberno galego á construción para afrontar a alza de custos que o sector está a sufrir e puxo en valor a calidade, sustentabilidade, a unidade e a formación como claves para a súa fortaleza, sobre todo de cara a un “ano decisivo” como o que afrontamos. Incidiu na importancia dun sector que supón 80.000 empregos en Galicia e que aglutina ao 10% das empresas da comunidade.

 

Gardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Contenido
jpanesliders_jdlayout-sliders-224
Gestión de los sliders
Aceptar
Rexeitar