21 de marzo 2023.- O pasado 21 de marzo celebrouse un webinar sobre os retos ASG (Ambientais, Sociais e Bo Goberno) centrado nas empresas do sector da construción. O Presidente da Federación Galega da Construción, D. Diego Vázquez Reino e a Directora Xeral de Relacións Laborais, Dona Elena Mancha Montero de Espinosa, presentaron o acto.
Na xornada participaron dúas empresas de construción para explicar a súa experiencia na materia: D. José Luis Molina Botas, Director Xeral de Abeconsa e D. Antonio Fernández Gómez, adxunto á Dirección Xeral e responsable RSE de Construcciones Ramírez.
PROGRAMA RESPONSABILÍZATE XUNTA DE GALICIA

Galego
Español 