Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024.- A Federación Galega da Construción organizou unha xuntanza coa Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, con ocasión do seu recente nomeamento. Ao encontro acudiu acompañada polo Secretario Xeral da Consellería, Heriberto García Porto, e polo Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias.

.

 

O Presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, puxo de relieve a importancia de continuar cun nivel de inversión regular, que permita o mantemento dun sector fundamental na economía galega; destacou que xera máis de 80.000 empregos directos na Comunidade e que conta con máis de 8.300 empresas de construción. Do mesmo xeito, amosou a súa preocupación pola baixa taxa de emprego femenino no sector e a necesidade de atraer á xente nova.

Tamén fixo fincapé nalgúns dos retos que a industria construtiva galega está a asumir, destacando a sostibilidade, a gobernanza e a innovación. Para iso, o sector conta co paraugas das diferentes organizacións en Galicia: a Federación Galega da Construción, a Fundación Laboral de la Construcción e a Fundación Galicia Constrúe, Clúster da Construción.

Pola súa parte, María Martínez Allegue, fixo un chamamento a unir esforzos entre as Administracións Públicas e os actores privados para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda. Ademáis, trasladou ao sector que a Xunta está a traballar para tratar de reducir a burocracia na tramitación precisa para a construción das vivendas, axilizando tamén o pulo das licencias a través das ECCOM e incrementando o prezo dos módulos de vivenda protexida.

En materia de infraestruturas viarias, a Conselleira comentou que continúan as intervencións no eido da mobilidade sostible, estendendo a rede de sendas para que os desprazamentos sexan máis seguros e sustentables. Igualmente, sinalou que seguen a traballar en actuacións de conservación e mantemento de estradas autonómicas para reforzar a seguridade viaria.

O encontro tivo lugar na sede da FLC en Galicia, polo que se aproveitou para facer unha visita guiada ás instalacións da Fundación Laboral en Pontepedriña, Centro de Referencia do Sector en materia de rehabilitación.

Gardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Contenido
jpanesliders_jdlayout-sliders-224
Gestión de los sliders
Aceptar
Rexeitar