Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023.- A Federación Galega da Construción destacou a importancia da construción como sector estratéxico clave para a execución das infraestruturas e o desenvolvemento industrial e enerxético que se prevé para Galicia. Así quedou claro na reunión do Consello de Goberno da Confederación Nacional da Construción (CNC), presidida por Pedro Fernández Alén e clausurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, xunto á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel María Vázquez Mourelle.

Alfonso Rueda destacou a boa relación que a Administración mantén co sector da construción en Galicia e apostou por “flexibilizar a formación” para que “cada vez teña máis potencia a FP Dual máis orientada ás especialidades”.

Diego Vázquez Reino, presidente da Federación Galega da Construción, agradeceu ó presidente da Xunta a “boa relación do sector coas Administracións Públicas de Galicia”, un aspecto importante xa que “a colaboración púbico-privada é fundamental para superar, de xeito eficiente, os retos que como sociedade debemos afrontar”, asegurou.

Pedro Fernández Alén, presidente da Confederación Nacional da Construción, tamén agradeceu o apoio da Xunta á Fundación Laboral da Construción de Galicia á que situou como “exemplo de facer ben as cousas”. Fernández Alén repasou os retos da industria da construción como “a necesidade de man de obra”, especialmente á muller e ós mozos para loitar contra o envellecemento das plantillas. “En Galicia sodes líderes en formar a persoas traballadoras”, resaltou.

Fernández Alén pediu ó presidente da Xunta axuda en tres niveis: “controlar o uso dos medios propios”, “manter o nivel de inversión” e “mellorar a imaxe do sector para dignificalo”. Por último, resaltou que “precisamos pulo, certidume e estabilidade”.

Tras o almorzo, os representantes da CNC trasladáronse á Praza do Obradoiro para realizar unha visita guiada ó Pórtico da Gloria e ós interiores da Catedral de Santiago.

Gardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Contenido
jpanesliders_jdlayout-sliders-224
Gestión de los sliders
Aceptar
Rexeitar