INDICE
TITULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS
TITULO II
DOS MEMBROS DA FEDERACIÓN
TITULO III
DOS MEMBROS DA FEDERACIÓN
- Da Asemblea Xeral
- Da Xunta Directiva
- Do presidente
- Do secretario
- Do Tesoureiro
TITULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
TITULO V
DISOLUCIÓN DA FEDERACIÓN
TITULO VI
MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS
MODIFICACIÓN APROBADA EN ASEMBLEA XERAL DO 24 DE MARZO DE 2021
TÍTULO I.-
DISPOSICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1º.- Ao abeiro da Lei 19/77, do 1º de abril, constitúese a "FEDERACIÓN GALEGA DA CONSTRUCIÓN".
A Federación afirma a súa natureza privada e o carácter profesional e apartidista das súas actividades, que exercerá dentro do ámbito xeográfico da Comunidade Galega.
ARTIGO 2º.-A Federación terá ámbito interprovincial, incorporando a cantas Organizacións Empresariais da Construción e afíns, das catro provincias galegas, voluntariamente o soliciten.
O ámbito da Federación estenderase a todas as actividades profesionais relacionadas co sector da Construción que teñan lugar na Comunidade Galega, sen que ningunha das empresas agrupadas en calquera das organizacións membro poida ser discriminada no seu traballo, para ningún efecto, por razóns de domicilio, territorio ou dimensión.
ARTIGO 3º.- A Federación garante a autonomía das organizacións membro, nos seus respectivos ámbitos, sen prexuízo do carácter vinculante que revisten os acordos federativos nas decisións que afecten ó interese común de todas as organizacións federadas.
ARTIGO 4º.- A Federación constitúese por tempo indefinido. A súa disolución levarase a cabo de conformidade coas leis e cos preceptos estatutarios.
ARTIGO 5º.- A Federación gozará, desde o momento da súa válida constitución, de plena personalidade xurídica, autonomía e capacidade de obrar suficientes para o cumprimento dos seus fins e para a disposición dos seus bens e dereitos.
ARTIGO 6º.- A Federación fixa o seu domicilio social en Santiago de Compostela, rúa Montero Ríos, número 52, 2º C, podendo cambiar o dito domicilio por acordo da Xunta Directiva, sen que iso implique modificación dos Estatutos.
ARTIGO 7º.- A "Federación Galega da Construción" ten como fin primario e primordial a defensa da libre iniciativa empresarial, dentro dun sistema de economía libre de mercado, así como o da unidade económica dentro do Estado.
É fin específico, dentro da Federación, a defensa, promoción e coordinación dos intereses xerais e comúns das organizacións membro, en relación coa Administración central, Administración autonómica e as administracións locais, así como en relación con calquera outra instancia de calquera índole, potenciando e facilitando ante os ditos órganos da Administración a actuación daquelas organizacións de carácter territorial ou gremial en cantas materias que non sendo comúns a todas elas, afecte con carácter específico, e sempre baixo a tutela e supervisión dos órganos de dirección da Federación.
Así mesmo, entre outros, son tamén fins da Federación Galega da Construción:
a) Promover a unidade empresarial no sector da construción, colaborando con outras entidades de análoga natureza e finalidade.
b) Propiciar o desenvolvemento económico do sector da construción na Comunidade Galega.
c) Formular propostas sobre disposicións, medidas e iniciativas de todo tipo que tendan á ordenación e perfeccionamento do sector.
d) A creación e mantemento de servizos de interese aos membros federados.
e) Calquera outro que a Asemblea Xeral decida exercitar dentro dos termos legais e que non sexan contrarios co establecido nos estatutos das organizacións federadas.
f) Promover e xestionar programas e iniciativas para o desenvolvemento de actuacións que permitan a innovación empresarial en materia de I+D+I, e en xeral, todas aquelas cuxa finalidade afecte de maneira directa e indirecta ao desenvolvemento e evolución do sector.
g) O fomento e promoción da prevención de riscos laborais, a calidade e o ambiente, a responsabilidade social, a igualdade e a internacionalización das empresas.
h) Promover, impulsar e deseñar programas e actividades para a promoción do emprego no sector, a creación de novas empresas e o fomento do espírito emprendedor.
i) Promover e desenvolver actuacións en materia de orientación, formación profesional continua e ocupacional, coa finalidade de mellorar a productividade e competitividade das empresas do sector e os seus traballadores.
j) A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios, sendo os medios típicos de acción a negociación colectiva laboral, a presentación de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social, a participación institucional nos organismos públicos das administracións laborais e outras.
TÍTULO II.-
DOS MEMBROS DA FEDERACIÓN
ARTIGO 8º.- A Federación, atendendo á orixe e forma de agrupamento dos seus membros, tendentes á mellor representación e defensa dos intereses individuais e colectivos destes, consagra o principio da dobre participación nela, en función do territorio e da actividade, sen menoscabo por iso da unidade de actuación; ben ao contrario, como reforzamento da dita unidade.
En consecuencia, poden ser membros de pleno dereito da "Federación Galega da Construción" as organizacións empresariais con domicilio social en Galicia cuxos asociados teñan como actividade principal e ámbito funcional actividades propias do sector da construción.
Son membros de pleno dereito da Federación Galega da Construción as seguintes organizacións:
- Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO)
- Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC LUGO)
- Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO)
- Asociación de Constructores de Pontevedra (ACP)
- Cámara de Contratistas de Galicia
Ademais dos membros de pleno dereito, poderanse incorporar á Federación en calidade de membros adheridos, aquelas entidades ou organismos, tanto públicos como privados, relacionadas coa industria da construción e cuxa presenza na Federación sexa considerada de interese, para o mellor cumprimento dos fins dela.
O alcance da colaboración e as obrigas económicas dos membros adheridos será novamente polo acordo de admisión, aprobado pola Xunta Directiva da Federación Galega da Construción, mediante acordo por maioría simple os asistentes e referendado pola Asemblea Xeral.
ARTIGO 9º.- O ingreso na Federación, será voluntario. As organizacións que o desexen deberán solicitalo mediante escrito ó presidente, facendo constar de forma explícita a disposición por parte da organización solicitante de aceptar as normas estatutarias e o Regulamento de réxime interior da Federación.
Á solicitude de ingreso xuntaranse os seguintes documentos:
a) Relación nominal de asociados, certificada polo secretario.
b) Os estatutos polos que se rexe.
c) O Acordo do órgano competente, segundo os estatutos, no que conste a decisión de asociarse á Federación.
Será competente para aceptar o ingreso na Federación, a Xunta Directiva dela, mediante acordo adoptado pola maioría simple dos asistentes. Este acordo deberase ser referendado pola Asemblea Xeral.
Contra o acordo denegatorio de ingreso, a Organización interesada, poderá presentar recurso perante a Asemblea Xeral da Federación, que deberá incluílo na orde do día da súa próxima sesión.
ARTIGO 10º.- Perderase a condición de membro asociado á Federación:
a) Por renuncia da organización federada. Esta deberá facelo por escrito, notificándollo á Xunta Directiva coa antelación de trinta días naturais.
b) Por separación acordada en asemblea, e por maioría absoluta dos seus compoñentes, con motivo de actuacións contrarias ós estatutos da Federación ou incumprimento de acordos estatutariamente adoptados.
c) Por falta de pagamento de tres cotas, xa sexan consecutivas ou alternas durante seis meses, que deberá ser ratificada por acordo da Xunta Directiva.
En todos os supostos serán esixibles á Organización membro, as cotas devengadas e non pagadas.
ARTIGO 11º.- Co fin de que en todo momento se poida coñecer a súa composición e a dos seus órganos de goberno, así como a identidade de todos os cargos directivos, a Federación levará un rexistro no que conste:
a) As organizacións que sexan membro de pleno dereito.
b) Os vogais da asemblea da Federación, representantes das organizacións membro de pleno dereito e designados por esta.
c) Os compoñentes, en cada momento, de cada órgano de goberno da Federación.
ARTIGO 12º.- 1º) Son dereitos das organizacións membro de pleno dereito:
a) Designar os representantes que lles correspondesen como vogais na Asemblea Xeral e Xunta Directiva da Federación, podendo a Organización que representan cambialos ou substituílos nos supostos de ausencia, enfermidade ou calquera outra circunstancia que así o aconsellase, ben que no caso dunha substitución definitiva, deberá ser comunicada previamente á Xunta Directiva da Federación, co obxecto de que o rexistro do Artigo 11º sexa sempre completo. Nos casos de substitución esporádica abondará que sexa comunicado polo asistente na sesión que vai celebrar.
b) Utilizar os servizos rexionais de que dispón a Federación.
c) Tratar con carácter específico cantas cuestións mellor conviñesen á defensa dos seus intereses particulares, sen menoscabo do interese xeral.
2º) Son dereitos dos representantes das organizacións na Federación.
a) Elixir e ser elixidos, democraticamente, por sufraxio libre e segredo, para postos de representación e cargos directivos, cando fora procedente.
b) Informar e ser informado oportunamente das actuacións da Federación e das cuestións que afecten ás entidades por eles representadas.
c) Intervir na xestión económica e administrativa da Federación, tendo acceso ós libros de contabilidade dela.
d) Expresar libremente as súas opinións en asuntos de interese empresarial e da propia organización, e formular propostas e decisións aos órganos de goberno dela.
e) Instar a Federación ó exercicio das accións e interposición dos pertinentes recursos para a mellor defensa dos intereses dos que a representación aquela asume.
f) Contribuír co seu voto á adopción de acordos nos órganos de goberno para os que resultasen electos.
ARTIGO 13º.- 1º) Son obrigas dos membros asociados:
a) Cumprir e facer cumprir, os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno da Federación.
b) Satisfacer, á Federación, cotas na medida e segundo as modalidades establecidas pola Asemblea Xeral.
c) Facilitar información sobre as cuestións que non teñan natureza reservada, cando sexan requiridas polos órganos de goberno da Federación.
2º) Son deberes dos representantes das organizacións federadas:
a) Participar na elección dos representantes para os órganos de goberno da Federación.
b) Desempeñar correcta e lealmente os postos para os que puidesen resultar elixidos ou designados.
c) Axustar a súa actuación ás normas estatutarias e acordos que se adopten.
d) Respectar a libre manifestación de pareceres.
e) Asistir ás reunións a que fosen convocados.
3º) Os incumprimentos dun representante vogal da Asemblea, consideraranse incumprimentos da respectiva Organización, se a representada non atendera puntualmente os requirimentos que a Federación lle formulase para que o substitúa.
TITULO III.-
DOS ÓRGANOS DE GOBERNO E XESTIÓN
ARTIGO 14º.- Son órganos de goberno da Federación, a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e a Presidencia.
Da Asemblea Xeral
ARTIGO 15º.- A Asemblea Xeral, validamente constituída, é o órgano soberano da Federación, e os seus acordos, adoptados de acordo cos Estatutos e Regulamento de réxime interior, son obrigatorios para todas as organizacións federadas.
ARTIGO 16º.- A Asemblea Xeral poderá estar composta por un máximo de corenta e cinco representantes, elixidos ou designados polas organizacións federadas entre os seus membros.
1º) Son membros da Federación Galega da Construción as seguintes organizacións:
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO)
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC LUGO)
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO)
Asociación de Constructores de Pontevedra (ACP)
Cámara de Contratistas de Galicia
2º) A representación de cada unha desas organizacións na Asemblea é como segue:
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO) 6
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC LUGO) 4
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO) 4
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Pontevedra 6
Cámara de Contratistas de Galicia 4
3º) A Asemblea Xeral asignará o número de representantes de cada unha das organizacións membro, co voto favorable dos dous terzos dos seus membros.
ARTIGO 17º.- A Asemblea Xeral reunirase en sesión ordinaria, unha vez ó ano, e en sesión extraordinaria, cando o acorde a Xunta Directiva, o presidente, ou por petición dun vintecinco por cento (25%) dos seus compoñentes.
ARTIGO 18º.- A Convocatoria da Asemblea Xeral correspóndelle ó presidente, mediante notificación persoal e escrita mediante medios telemáticos a todos os representantes das organizacións membro, con quince días naturais de antelación á data sinalada para a reunión, expresándose o lugar, a data e hora en que terá lugar a Asemblea en primeira e segunda convocatoria, en tódolos casos. En caso de urxencia poderá ser convocada polos mesmos medios con tres días de antelación.
A comunicación da convocatoria ademais do lugar, local, data e hora en que se teña que celebrar a Asemblea, conterá os puntos da orde do día cos asuntos que se teñan que tratar, acordado e aprobado pola Xunta Directiva.
Á orde do día poderanse incorporar, unha vez constituída a asemblea, aqueles asuntos que pola súa urxencia xurdisen desde a convocatoria, sempre que sexa aprobada a súa incorporación pola maioría dos asistentes.
As asembleas xerais poderanse celebrar en calquera punto dentro do ámbito territorial da Federación.
ARTIGO 19º.- A Asemblea Xeral quedará validamente constituída, en primeira convocatoria, cando se atopen presentes ou representados a metade máis un dos seus membros, e en segunda convocatoria, calquera que fose o número de asistentes.
ARTIGO 20º.- A Presidencia da Asemblea correspóndelle ao presidente da Federación e, en ausencia deste, ao vicepresidente en quen delegue.
ARTIGO 21º.-Os acordos que adopte a Asemblea o serán por votación da maioría simple, salvo aqueles casos nos que os Estatutos esixan maioría cualificada.
As votacións serán secretas para aqueles asuntos que acorde a asemblea ou sinale o regulamento de réxime interno.
A Organización Federada que cada delegado represente, deberá estar ao corrente do pagamento das súas cotas, para que este poida asistir ás reunións dos órganos de goberno.
ARTIGO 22º.- Son funcións da Asemblea Xeral:
a) Aprobar os programas e plans xerais de actuación para a defensa dos intereses da Federación.
b) Elixir ó presidente da Federación, que o será tamén da xunta directiva, así como determinar o número dos membros que compoñerán a Xunta Directiva, designados ou elixidos polas organizacións membro.
c) Coñecer a xestión dos demais órganos de goberno da federación.
d) Analizar e pronunciarse sobre a Memoria de Actividades da Federación.
e) Aprobar os orzamentos e liquidacións de contas.
f) Fixar as cotas que teñan que satisfacer as organizacións membro, e demais achegas.
g) Asignar o número de representantes de cada organización federada, na asemblea xeral.
h) Aprobar e modificar os estatutos e o Regulamento de réxime interior da federación.
i) Ratificar as admisións e decidir as exclusións dos membros da Federación.
j) Acordar a disolución da federación.
k) Coñecer e resolver os recursos estatutarios que ante ela se produzan.
ARTIGO 23º.- Das reunións da Asemblea Xeral, levantarase Acta asinada polo secretario da Federación co visto e prace do presidente.
Antes de sete días enviarase por medios telemáticos copia da Acta a cada un dos membros da Asemblea, co obxecto de que poidan presentar as alegacións que coiden oportuno.
No prazo de sete días desde o envío do borrador da Acta, os membros da asemblea remitiranlle as súas emendas ao secretario que, no prazo de sete días, procederá á redacción da acta definitiva que quedará ratificada coa sinatura dos dous interventores nomeados pola asemblea para tal efecto. A partir deste momento os acordos da asemblea serán firmes e executivos.
Cumpridos os requisitos sinalados anteriormente, enviarase con carácter de urxencia, a cada organización membro para o seu coñecemento e cumprimento.
Da Xunta Directiva
ARTIGO 24º.- 1º) A Xunta Directiva, é o órgano colexiado de goberno, xestión, administración e dirección da Federación, en cuestións ordinarias.
2º) Estará composta polo presidente e polos representantes elixidos ou designados democraticamente por cada unha das Organizacións membro, de acordo co número de representantes que lles asignase a Asemblea Xeral, en proporción ao número de membros que cada organización teña na Asemblea:
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO) 3
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo 2
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO) 2
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Pontevedra 3
Cámara de Contratistas de Galicia 2
3º) De entre estes, por proposta do presidente, a Xunta Directiva, elixirá dous vicepresidentes e un Tesoureiro.
4º) As vacantes que se produzan, serán cubertas de forma inmediata por un representante da organización federada á que pertencese o membro que causou baixa, provisionalmente ata a celebración da próxima asemblea xeral.
ARTIGO 25º.- A Xunta Directiva reunirase, polo menos, unha vez cada dous meses e sempre que especiais circunstancias o demanden, antes, por acordo da propia Xunta, a xuízo do presidente ou pola petición de tres dos seus membros. As reunións da Xunta Directiva, serán convocadas, polo menos con cinco días naturais de antelación, con indicación de lugar, data, hora e orde do día que se vai tratar.
ARTIGO 26º.- A Xunta directiva considerarase validamente constituída, cando estean presentes a metade máis un dos seus membros.
ARTIGO 27º.- Os acordos da Xunta Directiva, tomaranse conforme o criterio da maioría. En caso de empate o voto do presidente terá carácter dirimente.
ARTIGO 28º.- A Xunta directiva terá as seguintes facultades e funcións:
a) Elaborar propostas de resolución para a súa aprobación pola Asemblea Xeral.
b) Propoñerlle á Asemblea Xeral, os programas de actuación xerais e específicos e realizar os xa aprobados, dando conta do seu cumprimento.
c) En casos de extrema urxencia, adoptar decisións sobre asuntos cuxa competencia corresponda á Asemblea Xeral, dando conta diso na primeira sesión que esta celebre, que deberá convocarse nun prazo máximo de 10 días.
d) Acordar a afiliación ou integración en federacións ou confederacións empresariais de ámbito nacional ou rexional, acordo que deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral.
e) Pronunciarse sobre a admisión e propoñer a exclusión dos membros.
f) A adopción de acordos relativos á xestión ordinaria da Federación.
g) Dirixir as actividades informativas, técnicas e de asesoramento.
h) Elaborar os orzamentos e formular as propostas de cotas e demais achegas.
i) Asistir ó presidente cando este o requira.
j) Adoptaren acordos referentes á contratación de bens e servizos, exercicio de accións e outorgamento de poderes.
k) Decidir en materia de cobramentos e ordenación de pagamentos e expedición de libramentos.
l) Inspeccionar a contabilidade, así como a mecánica de cobramentos e pagamentos.
m) Elaborar a memoria anual de actividades.
n) Contratar e despedir persoal laboral e profesional da Federación.
ARTIGO 29º.- A duración do mandato dos membros da Xunta Directiva será de dous anos.
Deixarase de pertencer á Xunta Directiva, e a tódolos órganos de goberno, cando se cese como membro representante na Asemblea Xeral.
ARTIGO 30º.- O secretario da Federación será o xerente dela que levantará acta das reunións ás que asistirá con voz pero sen voto. En caso de ausencia poderá ser substituído polo Vogal máis mozo.
Do presidente
ARTIGO 31º.- Ó presidente correspóndelle a máxima representación da Federación ante as autoridades públicas e terceiros, intervindo en nome desta na realización de actos, contratos, exercicio de accións, outorgamento de poderes e calquera outro negocio xurídico concreto, logo de autorización da Xunta Directiva, ou da Asemblea Xeral.
O presidente, tamén ademais, as seguintes funcións:
a) Convocar e presidir as reunións tanto ordinarias como extraordinarias da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
b) Dirixir os debates, executar e facer cumpri-los acordos adoptados.
c) Autorizar as actas das reunións co seu visto e prace.
d) Cantas outras xerais ou especiais lle sexan expresamente encomendadas
Do secretario
ARTICULO 32º.- A Xunta Directiva nomeará un secretario, que será responsable do funcionamento técnico e administrativo da Federación.
Son funcións e competencias do secretario, entre outras:
a) Será o responsable do funcionamento técnico e administrativo da FGC.
b) Asistirá ás reunións da Asemblea Xeral e á Xunta Directiva para levantar Acta delas.
c) Estará ás órdenes directas do presidente, velando polo cumprimento dos estatutos e dos acordos que se adopten.
d) Representará a Federación Galega da Construción sempre que así o acorden os seus órganos de Goberno ou o decida o presidente.
Do Tesoureiro
ARTICULO 33º.- O Tesoureiro será responsable dos fondos da Federación. Supervisará e custodiará a súa contabilidade, podendo delegar os aspectos administrativos das anteriores funcións, no secretario da Federación.
TITULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
ARTICULO 34º.- Os recursos financeiros da Federación estarán integrados por:
a) As cotas e derramas dos seus membros.
b) As doazóns e legados.
c) As subvencións que poidan serlle concedidas.
d) As rendas dos seus bens e valores.
e) Os ingresos procedentes da venda de publicacións e de prestación de servizos.
f) Calquera outro recurso obtido de conformidade coas disposicións legais e preceptos estatutarios.
Para cada exercicio, formarase o orzamento ordinario de ingresos e gastos, con suxeición ás normas contidas nestes estatutos e regulamento de réxime interior, se é o caso.
ARTICULO 35º.- A Asemblea Xeral fixará o réxime de cotas asociativas, así como das prestacións de servizos, determinando a súa contía para cada exercicio, por proposta da Xunta Directiva.
TITULO V
DISOLUCIÓN DE LA FEDERACIÓN
ARTICULO 36º.- La Federación se disolverá cuando lo acuerde la Asamblea General con el voto favorable de los dos tercios de sus miembros.
En el acuerdo de disolución se establecerá el destino que haya de darse a los bienes, derechos, instalaciones y servicios de la Federación.
ARTICULO 37º.- En caso de disolución, la Junta Directiva se constituirá en comisión liquidadora, y procederá al cumplimiento de las obligaciones pendientes.Para aplicar el excedente o cubrir el eventual déficit, presentará a la Asamblea General las oportunas propuestas inspiradas en los mismos criterios adoptados para la fijación de cuotas.
TITULO VI
MODIFICACIÓN DE LOS ESTATUTOS
ARTICULO 38º.- Los presentes estatutos podrán ser modificados en virtud de acuerdo de la Asamblea General, con el voto favorable de los dos tercios de sus miembros.
La propuesta de modificación corresponderá a la Junta Directiva o a cualquiera de las organizaciones miembro de la Federación Gallega de la Construcción.
El proyecto de modificación, será remitido a todos los miembros de la Asamblea General de la Federación, con una antelación mínima de veinte días, para su estudio.
Los Estatutos de la Federación Gallega de la Construcción han quedado redactados incluyendo las modificaciones acordadas en la Asamblea General de 24 de marzo de 2021, de conformidad con el procedimiento estatutariamente establecido.