A industria da construción en Galicia goza nestes momentos de moi boa saúde e ten ben trazada a súa folla de ruta cara ao futuro. Os retos que como sector se marcaron teñen que servir para que o sector manteña unha posición máis forte e continúe sendo clave no desenvolvemento e crecemento da economía galega.
A transformación da construción é máis que evidente e así se valora por parte da sociedade. Os compromisos de sustensibilidade, bo goberno e o respecto polo medio ambiente, así como a profesionalización e tecnificación dos cadros de persoal son un exemplo destacado desta transformación. Non obstante, cómpre seguir avanzando e para iso púxose en marcha unha ferramenta fundamental como é o Clúster da Construción (Galicia Constrúe) que pouco a pouco se vai consolidando como referencia e puntal de apoio para as empresas de cara á innovación e á mellora dos procesos construtivos e dos materiais.
Un ano máis, foi clave o traballo desenvolvido polas organizacións que integran a Federación Galega da Construción, con empresas e persoas comprometidas que cada ano se implican máis na vida asociativa en beneficio do interese xeral, ao igual que o bo facer do persoal da entidade.